Máis Internet Máis Galego Máis Futuro achega o coñecemento aberto e as TIC á sociedade

76

Lendo mancomun.org:
“O conselleiro de Innovación e Industria, Fernando Xabier Blanco Álvarez, e a directora xeral de Promoción Industrial e Sociedade da Información, Elena Veiguela, presentaron as iniciativas da dirección xeral para a campaña de actividades conmemorativas do Día de Internet, o Día Mundial das Telecomunicación e o Días das Letras que levará por nome “Máis Internet Máis Galego Máis Futuro”.”…


…”Baixo o lema Na rede, o que ti queiras as inicitivas vanse desenvolver durante 17 días, comezando o primeiro de maio e tendo como punto culminante o Día das Letras. Mancomun.org súmase a esta iniciativa participando o día 10 de maio nunha xornada sobre Software Libre organizada polo Federación Española de Sociedades de Arquivística, Biblioteconomía, Documentación e Museística (FESABID).
Esta campaña conta cun amplo programa de actividades que pon en contacto as novas tecnoloxías coa cultura, o ocio ou o humor. Faise fincapé na importancia dos contidos e servizos e os eventos programados contarán co apoio da rede de dinamizadores da sociedade da información da dirección xeral de Sociedade da Información.
Máis Internet Máis Galego Máis Futuro enmárcase dentro da estratexia de difusión das TIC marcada polo Plan Estratéxico Galego da Sociedade da Información que, segundo declarou Fernando Blanco, a pesar da súa recente publicación xa é un documento de referencia e estudado por administracións estatais e europeas. “…
Fonte: mancomun.org

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios