Galicia investirá máis de 2,5 millóns nas Cidades Dixitais este ano

139

Lendo socideadedainformacion.eu:
“Hoxe [polo día 27] clausúrase en Lugo o II Foro de Cidades Dixitais de Galicia, no que participan -ademais da capital lucense- Vigo, A Estrada, A Coruña, Vilalba e As Pontes. Tamén acudiron representantes de iniciativas análogas de fóra da Comunidade, en concreto de Alcobendas, Segovia, Avilés, Leganés e Santander. Nesta reunión o subdirector de Desenvolvemento da Sociedade da Información, Rafael Juanatey, adiantou que máis de 2,5 millóns serán investidos nas cidades dixitais galegas este ano. As Cidades Dixitais buscan espallar as vantaxes das novas tecnoloxías mediante a posta en marcha de actividades concretas de ámbito local.”…


…”Nesta tarefa colaboran o Ministerio de Industria cos diferentes concellos e autonomías. Así, no caso das Cidades Dixitais galegas a metade do orzamento é aportado polo Estado (1.270.245 euros), un cuarto pola Consellería de Innovación e Industria (635.123 euros) e o outro tanto polos diferentes concellos implicados. As administracións poderán conceder subvencións de ata o 75% das iniciativas que se presenten.
O e-commerce é unha prioridade
Entre as prioridades figuran o lanzamento de servizos dixitais para cidadáns e empresas locais en aspectos como, por exemplo, o comercio electrónico e a teleasistencia.
Os programas de formación en novas tecnoloxías tamén son subvencionables, así como aquelas actividades que sirvan para difundir o programa e así lograr que os cidadáns participen nas iniciativas. A Consellería de Innovación e Industria dispón dun correo electrónico (axudas.dxpisi@xunta.es) e de dous números de teléfono (981 545583 e 981 545535) no que se pode solicitar máis información sobre estas subvencións.
Na súa presentación no Foro das Cidades Dixitais, Juanatey tamén deu conta dos numerosos proxectos realizados no marco desta iniciativa o ano pasado. O fomento dos novos DNI electrónicos, o apoio á renovación das pequenas empresas e cursos de novas tecnoloxías para os cidadáns son algunhas das actividades postas en marcha en 2006 e que continúan este ano.”…
Fonte: sociedadedainformacion.eu

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios