INMINENTE DERRUBE DO Nº2 DA AVENIDA DE CASTELAO

84

O inmóbel formaba parte dun conxunto de antigas vivendas situadas entorno ao desaparecido Hospital de San Xoan, que nome á praza.

casa_5.jpg


Este inmóbel do casco urbano pontés, propiedade da familia local irmáns Gabeiras, está a ser derrubado co fin de atallar os continuados problemas de tráfico que padece a zona debido á invasión da vivenda pola actual Avenida da Habana.

casa_1.jpg

A vivenda, coñecida tradicionalmente como a Tenda de Lita, albergaba un negocio onde se vendían toda clase de artigos relacionados co fogar, e aparece referenciada xa en fotografías do século XIX, así coma no estudo Arquitecturas da provincia da Coruña. Cabanas, A Capela, Monfero, Pontedeume e As Pontes de García Rodríguez, do arquitecto José Ramón Soraluce Blond e o historiador Xosé Fernández Fernández, publicado pola deputación da Coruña no ano 1997. O estudo incorpora un plano do inmóbel e unha fotografía da fachada do mesmo. Asemade describe as características da súa estructura e establece: “ o interese da casa céntrase na fachada principal, onde se coloca unha galería de madeira que percorre toda a fronte, e que apoia nun muro testeiro, por un lado, e sobre lousa de pedra ”.
casa_0.jpg

casa_00.jpg

casa_2.jpg

Este inmóbel era un dos poucos que se conservaban na Praza do Hospital, dese conxunto de vivendas tradicionais que existían ao carón do tamén desaparecido Hospital de San Xoan que da nome á praza, caso similar á destrucción do conxunto de vivendas tradicionais da Vila, onde agora está a Praza da Igrexa.
casa_3.jpg

Algúns veciños entrevistados manifestaron o seu desacordo co derrube desta vivenda tradicional, e non entenden como o Concello das Pontes non buscou outra alternativa aos problemas de tráfico, como poden ser o derrube do muro que se atopa na outra beira da actual Avenida da Habana, ou o unidireccionamento da rúa de xeito que servise como vía de entrada a esa avenida, combinando a saída por outras rúas, e minimizando así a falta de visibilidade na saída. Algunhas voces xa se alzaron contra o que consideran un atentado patrimonial.
casa_4.jpg

As tarefas de derrube comezaron a semana pasada, e prevese efectuar a súa demolición total cara o sábado día 12.
casa_6.jpg

casa_7.jpg

casa_8.jpg

casa_9.jpg

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios