A Agroalimentaria do Eume recibe o Premio Nacional de Desarrollo Rural de la Fundación Macario Asenjo Ponce

71

A Agrupación Agroalimentaria do Eume recibiu este galardón como recoñecemento a súa tarefa a prol do desenvolvemento rural e da valorización do sector primario local, e grazas ao seu proxecto de comercialización directa de produtos alimentarios. O acto de entrega, organizado pola Fundación Macario Asenjo Ponte, celebrouse na localidade de Campo de San Pedro, Segovia, este fin de semana.

logo.jpg


A Fundación Macario Asenjo Ponce decidiu concederlle a esta entidade o Premio Nacional de Desenvolvemento Rural, impoñéndose na fase final a outros cinco proxectos impulsados en diferentes zonas de España: Red Cantabra de Desarrollo Rural, Universidad Rural Paulo Freire (Segovia), Confederación Nacional de Centros de Desarrollo Rural (Valladolid), Asociación Cederna-Garalur de la Montaña Navarra, e Asociación Cultural “El Corralón” de Otones de Bejumea, en Segovia.
A concesión do premio, que conta cunha dotación de 6.000 €, decidiuse por unanimidade e fundamentouse en varias razóns: por tratarse dun proxecto de comercialización de produtos do sector primario que resulta innovador en canto á maneira de establecer diferentes canles de comercialización directa; por usar dunha maneira sinxela as novas tecnoloxías no comercio dos produtos do sector primario, por demostrar que no ano 2007 se poden vender dignamente, e a un prezo competitivo, os produtos procedentes do sector primario e finalmente por ser un proxecto que ten un gran valor demostrativo para poder implantar este modelo noutras comarcas rurais. En definitiva, por considerarse que este proxecto propón un modelo a seguir en canto á estratexia que o medio rural ten que plantexar ante os consumidores, maiormente urbanos, e ante ás grandes plataformas comerciais, que afogan os marxes dos produtores do agro, facendo que estas explotacións non sexan rendibles.
A Agroalimentaria do Eume é unha asociación sen ánimo de lucro formada por labregos, empresas e cooperativas centradas na explotación dos produtos do agro, que está a comercializar directamente os produtos dos seus asociados, eliminando intermediarios, de forma que estes obteñan un mellor rendemento polo seu traballo, sen que o consumidor final teña que pagar mais. As formas de comercializar empregadas pola Agroalimentaria do Eume céntranse na venda a través do correo electrónico a grupos de consumidores constituidos nas zonas de Eume, Ferrolterra, Coruña e Betanzos. Unha vez por semana estes consumidores reciben un listado cos produtos dispoñibles, que reciben na sua casa, ou no lugar que eles indiquen sempre que o pedido supere a cantidade de 15 € .
Próximamente ampliaran esta rede de distribución a toda a Península a través da súa páxina web: www.agroalimentariadoeume.org

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios