Nova etapa da web da CiberIrmandade da Fala

110

A partires de agora, se o desexas poderás publicar as túas novas no web da CiberIrmandade da Fala. Pretendemos con isto optimizar os nosos recursos, ofrecéndoche a posibilidade de que ti, directamente, escribas no web. Se queres máis información, le toda a nova. E aproveitando esta nova etapa, estreamos web.

ciberirmandade.jpg


Dende o nacemento da CiberIrmandade, hai diso dez anos, estivemos en constante renovación; dende o web estático, fomos incorporando foros, galería de imaxes, ferramenta de tradución on-line, wiki, e un xestor de contidos para o web principal. Agora, con esta nova etapa que queremos encetar cun novo web, ofrecémosche a posibilidade de que ti, directamente, publiques as túas novas.
É moi habitual que ao correo de contacto da CiberIrmandade cheguen informacións de todo tipo. Agora, poderás publicalo directamente no web. Abonda rexistrarse e, tras identificarse no web, poderás publicar o que consideres.
Máis información polo miúdo no dokuCIF .
http://www.ciberirmandade.org/dokucif/doku.php?id=novas_publicabeis

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios