aspontes.tv a ‘páxina’ web da tele local…

83

Estamos en época de inauguracións, e é o turno de inaugurar a páxina web da tele local…..
A páxina… un simple html coa misma información que no ano 2003 aparecía na páxina do Concello das Pontes, tamén inaugurada pocos días antes das eleccións municipais, daquela presumíase do proxecto de Vilas Dixitais, un proxecto ambicioso que achegaría as novas tecnoloxías a tódolos ponteses, eiqui tedes o cronograma
Durante 3 anos dende o concello ían saíndo escasas novas sobre a instalación dos telecentros, os Foros en Teruel e nas Pontes…. Pero os ponteses seguíamos sin ver ningún resultado do proxecto.
En decembro do 2004 salíu a concurso o portal cidadá, que tiña que estar feito en dous meses… en marzo do 2005 saíu a concurso a creación do xestor e a web pública para a RTVi e prazo de execución tope dun mes.
O sábado 18 de febreiro de 2006, fíxose o acto de entrega dos telecentros e do portal cidadán aspontes.net (116.878 euros…).
Aspontes.net, a día de hoxe, igual que a víspera da inauguración: novas desordeadas, foros mortos, contidos nulos, xestións co concello non se poden facer, e a e-administración simplemente son ligazóns á web do Sergas, Axencia Tributaria e a Seguridade Social.
O único que faltaba por inaugurar era a web da RTVi e o xestor de contidos (44.946 euros), por uns meses o dominio rtviaspontes.org chegou a estar activo, pero simplemente saia unha fiestra para identificarse.
E agora é o turno de aspontes.tv, un dominio que nin é propiedade do Concello, e que misteriosamente rexistrouse o 28 de decembro do 2006…

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios