Día das Letras Galegas´07: María Mariño Carou

70

Naceu en Noia no ano 1918.
Despois de vivir en varios sitios de Galicia e de fóra, sobre o ano 1948 asentouse no Courel, onde morrería prematuramente no ano 1967.
No 1963 publica “Palabra no Tempo”, libro que esperta grande atención da crítica doutros poetas, aínda que o público en xeral apenas a percibiu. Moitos anos despois, xa en 1990, o Concello de Noia publicou o seu inédito “Verba que comenza”.

mariamarino.jpg


Trátase dunha poeta totalmente fóra da vida literaria, próxima por veciñanza, amizade e poesía a Novoneyra, que presentando o seu libro dicía: “En M.M. confírmase o mito da profundidá da alma galega. Angustia, Espranza, Memoria, Nostalxia e Arelanza: todo o mundo do esprito. Unha poesía de son esencial -muitas veces no xeito da canción popular e sempre no estilo de Galicia que é o estilo da fala- donde o misterio nos chega”.
Do libro Verba que Comeza: ‘Había que chegar, había que chegar pra ser‘, pax206

Había que chegar, había que chegar pra ser.
Había que deixar o que nacera,
o que iba medrando.
Había que deixalo.
Había que chegar.
Había que deixar a cume,
cume de quenturas,
cume que vive baixo a ponte das loitas,
baixo remos que viven no olvido do ben,
baixo a cruz que nos desina o tempo,
baixo a terra que apresada nos vai decindo,
nos di:
“Había que chegar”

De cando en cando a miña cume fala soia,
volve ó seu e logra del,
logra a resposta do vecín-peito enfermo,
peito que se espaia recio pra aquel outro que non ten cura,
peito feito dela que chega a nós,
peito que volve a cume ó seu,
súa infancia tecedeira,
súa primeira mirada que veu luz,
seu mañán en onte xa feito,
seu día craro:
toda a verdade das cousas.
¡Anos poucos. Ouh!

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios