O RÍO CHAMOSELO, CANDO ÍA LIMPO….

57

O río Chamoselo (Concellos de As Pontes e Xermade) é un dos principias afluentes do Eume, xa que gran parte da súa bacía receptora desapareceu a consecuencia da explotación mineira de ENDESA. (río maciñeira, almigonde, ponte da pedra, meidelo…). Dende un punto de vista faunístico destacan a Lontra e o Gato bravo. Tamén ten importancia como zona de desove do Pancho de río (Chondrostoma polylepis) peixe endémico do noroeste peninsular.

IMG_0015.JPG


Calquera veciño que se achegue ao Chamoselo e mire para o río dirá: E non se ve o fondo!. Con toda a razón do mundo, pois é lamentábel o estado no que baixan as augas dende que comezaron as obras da autovía AG-64 Ferrol-Vilalba. Os propios veciños do Aparral xa denunciaron en repetidas ocasións estes feitos, mais o río segue a levar cada día máis cantidade de lodos. Lodos que, non habendo outra explicación, poderiamos localizar a súa orixe nas obras da autovía que se están a realizar a escasos metros deste cauce fluvial, así como do río Trimaz, pertencente o Lugar de Interese Comunitario Parga-Tamoga-Ladra que tamén se atopa no mesmo estado.

IMG_0004.JPG

Guerrilleir@s das Fragas – FEG dirixiu escritos a: o Concello das Pontes, a Dirección Xeral de Conservación da Natureza e a Augas de Galicia, para que se depuren responsabilidades e se persigan os culpables, así como a posta en marcha dun plan urxente de recuperación dos cauces afectados.
Guerrilleir@s das Fragas – FEG fai un chamamento ós cidadáns das Pontes, para que poñan atención neste tipo de atentados ecolóxicos que, á larga prexudican a tod@s. Así mesmo, cumpre dar un toque de atención tamén aos nosos políticos locais, para que aparquen por un instante as eleccións e fiten o noxento estado no que se atopa o río Chamoselo.
IMG_0005.JPG

Ríos que nos dán de beber, ajjj,…. Ríos que nos dán de comer, ajjj, ….
Ríos que nos limpan, ajjj,…. Ríos que nos lavan, ajjj, …..
Ríos que ferven o noso alimento, ajjjj, …..
E nós que lles damos aos ríos?
Lodo?
Canto máis?
guerrilleiros_fragas_300.jpg

IMG_0006.JPG

IMG_0007.JPG

IMG_0008.JPG

IMG_0009.JPG

IMG_0010.JPG

IMG_0011.JPG

IMG_0012.JPG

IMG_0013.JPG

IMG_0014.JPG

IMG_0016.JPG

IMG_0017.JPG

IMG_0018.JPG

IMG_0019.JPG

IMG_0020.JPG

IMG_0021.JPG

IMG_0022.JPG

IMG_0023.JPG

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios