Os computadores de Dell con Ubuntu xa se poden comprar

106

Lendo mancomun.org:
“Dell por fin puxo á venda computadores portátiles e de sobremesa a un prezo duns 600 euros que xa se poden comprar con Ubuntu preinstalado.
Os modelos son: Dell Inspirion E1505n, en portátil con procesador Intel Core Duo T2080 a 1,73GHz, pantalla 15,4 polgadas WXGA, 512MB de RAM, 80GB de disco duro, unidade de CD/DVD, WiFi e unha tarxeta gráfica integrada Intel GMA 950. Este computador constará cun Ubuntu preinstalado $599…”…


…”Tamén está o Dell Dimension E520n, un equipo de sobremesa ao mesmo prezo que dispón de Procesador Intel Core 2 Duo E4300, pantalla de 17 polgadas, 1GB de memoria RAM, disco duro de 250GB, tarxeta gráfica nVIDIA GeForce 7300 ademais dunha unidade de CD/DVD.
O feito de vender equipos con Ubuntu preinstalado está a ser unha nova forma de fomentar que proliferen máis os fabricantes que desenvolven drivers para linux ou abran as súas especificacións para permitir a construción de drivers libres.
Cada vez máis fabricantes están a dicir que os seus equipos están soportados en Gnu/Linux como sinal de calidade e como medio de mercadotecnia, pois a marca “Linux” cada vez vende máis. Segundo parece, esta iniciativa de Dell non está exenta de polémica, pois esta empresa aplicou unha personalización aos Ubuntus que veñen instalados de fábrica, ao máis puro estilo das personalizacións típicas que veñen cos computadores de marca, facendo que as páxinas descoñecidas resolvan contra o servidor de dell que incorpora un buscador de Google do que obteñen beneficios pola publicidade que, aínda que non é do agrado de todos, sempre é posible desactivalo. “…
Fonte: mancomun.org

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios