A Festa da Troita das Pontes reunirá más de 300 comensais

59

[Diario de Ferrol] A sociedade de caza e pesca A Venatoria das Pontes vai bater este domingo a súa propia marca na Festa da Troita. A oitava edición da cita gastronómica conta xa con 350 comensais confirmados, un cento máis dos que acudiron ó xantar o ano pasado.


A Festa da Troita desenvolverase na zona da Fraga, xunto ó coto de pesca que a sociedade A Venatoria ten no río Eume. Os pescadores chegarán ás oito da mañá para meterse na auga e intentar capturar os mellores exemplares e gañar o concurso, xa sea na categoría senior ou na junior. Porén, o xantar non se deixará ó azar: a entidade vai mercar cen kilos de troitas que limparán e prepararán os propios socios nunha gran parrilla. O menú completarase con corzo e xabaril, requeixo da Capela e doces da zona, todo regado con viños da Rúa.
O xantar comezará as dúas da tarde baixo unha carpa. Cómpre sinalar que a festa non fixo máis que medrar en participación nos últimos anos e que xa na pasada edición superouse o número de comensais das anteriores. No eido deportivo, o gañador de 2006 pescou unha troita de 800 gramos.
Na organización, a sociedade A Venatoria contou coa colaboración do Grupo de Pesca Endesa e do Concello. A entidade, que se ocupa periódicamente de facer repoboacións de alevíns de troita no cauce do río Eume, xa pechou a inscripción na festa gastronómica.

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios