I Xornadas de Software Libre no IES Lois Peña Novo de Vilalba

48

Os vindeiros venres 22 e sábado 23 de xuño teremos en Vilalba as I Xornadas de Software Libre dirixidas ó público en xeral e ás PEMEs en particular. Serán no IES Lois Peña Novo e serán gratuitas.
O programa está estructurado en dous días: o primeiro (o venres pola tarde) orientado ó público en xeral contará cunha exposición do uso de GNU/Linux para o uso diario que fará Amigus, despois terán unha charla sobre Sofware Libre en Windows, un par de obradoiros (PC-Car e PC-Lixeiro), a instalación do Trisquel, e finalmente Sofware Libre para GPS.


O segundo día (sábado pola mañá) terán a charla ‘A túa web son sw libre’, unha aproximación ó sw libre, un par de obradoiros (PC-Car e PC-Lixeiro), OpenOffice vs Microsoft Office e Directrices Migratorias de Microsoft a GNU/Linux.
Máis información na web do Instituto www.iespenanovo.com
xornadas.sw.vilalba.jpg

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios