phpBB3 en galego. Dia límite: 10 de xuño

86

O domingo, día 10 de xuño, os responsabeis do phpBB3, popular sistema de foros (ver foros da CiberIrmandade), van facer unha limpa de tódolos paquetes de idioma “sobrantes” do que hai agora como descárregas dispoñibeis no web oficial. A data límite para envia-la tradución completa é o domingo día 10 ás 12 do mediodía, e a nosa lingua ten que estar aí. Axúdanos.


Aínda que hai opcións de que admitan unha versión incompleta, previa coprobación e valoración do estado da mesma, queremos que a nosa lingua estea dispoñibel dende o primeiro día, para o que precisamos axuda para revisar erros e traducir algunha cousa pendente.
A CiberIrmandade da Fala, responsábel oficial da localización en galego deste popular sistema de foros, ten unha versión operativa fruto dun traballo colaborativo no traduCIF . Esta primeira versión está nun proceso de revisión, e a iso podes axudar.
* Instalación de probas do phpBB3
Convidamosche a que fedelles canto poidas e informes dos erros e incongruencias que atopes.
* Tradución do phpBB3
Usa ese fio dos foros para informar de todo o que consideres

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios