Foros phpBB3, dispoñibeis en galego oficialmente

121

Despois de meses de trabalho anunciamos o lanzamento da versión oficial dos foros phpBB3 en galego. Isto non sería posíbel sen os moitos voluntarios e voluntarias que colaboraron desinteresadamente nesta tarefa. Máis de 4500 liñas de código traducidas e corrixidas ademais de comprobadas nunha instalación de probas. A isto hai que engadirlle o traballo feito con outros moitos textos fóra do código, a dispoñibilidade de imaxes traducidas, e todo o labor de comunicación realizado entre os programadores do proxecto e a CiberIrmandade.


Grazas a todo isto a lingua galega dispón dunha ferramenta na rede, antes que outros idiomas como o espanhol, inglés (británico), catalán, holandés …devolvéndolhe un chisco máis da dignidade perdida por mor da longa noite de pedra na que ás veces parece que seguimos mergulhados.
Agora, no tempo que pase entre a actual versión RC1 de phpBB3 (versión candidata 1), e a dispoñibilidade da versión definitiva, vamos revisar todo novamente e estandarizar as posibeis diversencias de estilo. E para elo tamén che convidamos a participar.
Grazas a todos e a todas.
Máis información en ciberirmandade.org

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios