Non tires a vella PC !!! instalalle DeLi Linux

46

Lendo ciberirmandade.org:
“A páxina de DeLi Linux xa está en cinco linguas, unha delas o galego. DeLi Linux é un Linux “de escritorio lixeiro” . É unha distribución de Linux para vellas computadoras, a partir do 486 ao Pentium II ou III. Inclúe clientes de correo-e, navegador gráfico, programas de oficina con procesador de textos e folla de cálculo, etcétera.
A páxina de DeLi Linux xa está en cinco linguas, unha delas o galego. Como tamén a traducín ao español, podese decir que desta vez o galego foi a terceira lingua, despois do inglés e o alemán. Por último chegou o francés, e logo vou enviar a traducción portuguesa. Asi, gran a gran, a galiña enche o papo.”…


…”DeLi Linux é un Linux “de escritorio lixeiro” . É unha distribución de Linux para vellas computadoras, a partir do 486 ao Pentium II ou III. Inclúe clientes de correo-e, navegador gráfico, programas de oficina con procesador de textos e folla de cálculo, etcétera. Unha instalación completa, incluíndo XOrg e ferramentas de desenvolvemento, non necesita máis de 350 MB de espazo no disco duro.
O truco é que DeLi Linux soamente usa aplicacións alternativas “lixeiras”. A computadora de proba é unha 486 con 16 MB de RAM, e todas as aplicacións que veñen con DeLi Linux están funcionando sen problemas. Cecais se pregunte “porqué diaños facer un Linux para ese lixo vello?”. Aínda hai moitas computadoras coa configuración mencionada arriba, sería unha vergoña desperdicialas. Moita xente simplemente non pode comprar unha máquina de 4 Ghz por 1000 € ou máis, pero pode comprar un Pentium I 133 por 50 € en ebay. Estudantes, ONGs, ou simplemente xente consciente de que é mellor ter un PC que ter lixo altamente contaminante son os usuarios potenciais aqui, xunto con aqueles dos paises do terceiro mundo.
Podedes acceder en galego a páxina, o wiki (en “obras”) e o foro de axuda. O foro será retirado se non se usa, asi que xa sabedes o que hai que facer.”…
Fonte: ciberirmandade.org

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios