Nova páxina web do Congreso dos Deputados. Imos a peor.

30

Lendo agnix.org:
“Xa denunciamos en Agnix e neste blog a falta de interoperabilidade da páxina do Congreso dos Deputados, da necesidade de instalar o Window$ Media Player para ver as sesións do pleno e das comisións, etc. Enviamos correos-e ao presidente, vicepresidenta primeira e varios diputados, defensor do pobo, webmáster, etc. So respostou o Defensor do Pobo. Maravilloso.
Agora o Congreso dos Deputados ven de renovar a súa páxina.”…

congresodeputados.jpg


…”A nova web do Congreso dos Deputados, presentada o mércores polo presidente da Cámara Baixa (o mesmo que ignorou as nosas cartas), ven de ser recibida con duras críticas por parte de expertos en deseño e internautas, que detectaron erros cando a páxina se consulta con navegadores como Opera ou Firefox, e sinalan que o sitio non respecta varios principios de accesibilidade. A eles uniuse a Asociación de Internautas (AI), que alerta sobre varios problemas de seguridade (polo que parece, é ben doado acceder a contidos exclusivos do webmáster). Un aplauso.
Podedes ler máis sobre esta enorme desfeita (e tamén falta de respecto aos cidadáns) no artigo orixinal. Por certo, ese artigo está publicado na páxina da Cadena Ser, que non é un modelo de interoperabilidade que digamos. De feito, os sons e vídeos non se poden escoitar nin ver en GNU/Linux. Envieilles un correo-e hai uns meses e aínda estou a esperar pola resposta.
No blog de Andrés Nieto tedes un artigo que desmenuza polo miúdo as carencias desta páxina. É tal o patetismo que se eu fora o presidente do Congreso caeríaseme a cara de vergoña. Se aínda tes estómago, vai aquí e aquí.
Remato coas palabras de benvida do presidente aos internautas que se acheguen á web do Congreso:
“Uno de los objetivos prioritarios de los Diputados y Diputadas de la actual Legislatura es conseguir acercar el Parlamento a los ciudadanos; hacerlo transparente y accesible para todos. Por ello, desde aquí, si así lo desean, podrán ejercer su legítimo derecho de conocer el funcionamiento del Congreso, su actualidad en el día a día, las iniciativas presentadas, los Diputados y sus intervenciones, sus funciones y sus normas…”
Ides por bo camiño meu. Abofé que si!
Vivir para ver!
[ Parece que as empresas responsables son Indra e Telefónica, cun presuposto de 14.304.113 euros (ir á páxina 10), pagado por todos nós ]”…
Fonte: agnix.org

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios