FOLIADA DE XUÑO

34

O vindeiro venres día 29 de Xuño a partir das 22:30 horas, na Cafetería LAR, organizamos a derradeira Foliada desta temporada.
Para a ocasión contamos cun cartel de luxo dentro do ámbito tradicional.

bannerfoliadaxuno07.jpg


Para empezar visítannos “ASDUAS”. Elas son: Sabela Caamaño e Tamara Santamariña, dúas xóvenes rapazas ferrolás que fan maravillas cos seus acordeóns. Demostrando en cada actuación que o delas é o virtuosismo, semellando facil é sinxelo todo o que fan, demostrando un control impecable e un dominio absoluto sobre o instrumento.
Teñen unha maqueta gravada no 2006, titulada “COMEZOS”, con doce pezas, todas tradicionales, mesmo teñen gañado algún concurso internacional.
Despois poderemos contar coa presenza de Manuel Viqueira, o gaiteiro de Vilaverde, un dos mellores gaiteiros de Galicia: Coñecido en toda a comarca de Ordes dende que, con 11 anos, comezara a percorre-las romarías levando a maxia e a alegría da súa música. Manuel tén agora 77 anos e segue cheo de forza e de proxectos: acaba de gravar un disco e tamén de aparecer no mes de Febreiro como protagonista do programa da TVG, ALALA.
Manuel é único porque tén un xeito de tocar, o que se coñece como “tocar pechado”, que antes era moi frecuente pero que agora pouca xente domina. Ademais conserva moi ben o repertorio propio da súa zona e que fai uns picados e uns trinos que distinguen a súa música da de calquera outro gaiteiro, poderemos comprobar a gran espectacularidade, coa sua forza de interpretación ante o público.

foliadaxuno07.jpg

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios