Hoxe é a noite de San Xoán

23

Coma tódolos anos por estas datas, As Pontes encherase unha vez máis de lumieiras que darán luz a unha das primeiras noites do verán.

sanxoan1.JPG


Moitas asociacións de veciños da vila, familias e amigos están celebrando nestes intres o comezo desta noite máxica, na que se farán de seguro moitos conxuros de queimada pra espanta-las meigas.
O olor a churrasco e a sardiñas inunda xa o noso pobo!
Na zona da canle IV déixase ve-la xuventude pontesa, onde parece que dende hai algúns anos se instaurou oficiosamente o lugar de celebración desta festa.
Sentidiño… e a pasalo ben! 🙂

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios