Astrucón leva a banda larga por fibra óptica a 21 localidades asturianas

24

Lendo sociedadedainformacion.eu:
“Foi no pasado mes de marzo cando a empresa Alcatel rematou as obras desta rede de fibra óptica que deu en chamarse Astrucón e que lles achega a banda larga a 21 localidades das comarcas do Nalón, o Caudal e o suroccidente asturiano, cunha extensión de 220 km de cabo.”…


…”Adamo é a empresa que explotará comercialmente a inciativa Astrucón e ofrécelles aos/ás seus /súas clientes a posiblidade de contratar conexións de ata 100 Mbps de baixada e 20 Mbps de subida por só 29 euros ao mes, cuncha cota de 35 euros pola alta; ou ben 100 Mbps simétricos por 49 euros ao mes.
Se o/a cliente posúe unha conexión doméstica mediante tecnoloxía de FTTH pode gozar dunha caixa de correo electrónico de 2 Gb, almacenamento seguro de datos de 1 Gb e 5 enderezos IP dinámicos. Ademais, a oferta é combinable con tarifa plana de chamadas a teléfonos fixos de todo o estado por 9 euros máis.
E non queda aí a cousa, ademais de conexión á rede e chamadas en tarifa plana a teléfonos fixos nacionais, a través de Astrucón Adamo comercializará televisión baseada en IP e preparada para a alta definición. Trátase dun servizo que aínda está en probas pero que, polo momento, conta con plena satisfacción por parte das persoas que xa o están a usar e que se reparten nas poboacións de: Blimea, Cangas del Narcea, El Entrego, Figaredo, Pola de Lena, Rioturbio, Santa Cruz, Sotrondio, Tineo, Tuilla, Turón e Ujo. No mes de setembro tamén pasarán a formar parte desta rede os lugares de: Barredos e Pola de Laviana; e antes de fin de ano: Cabañaquinta, Caborana, Felechosa, Moreda, Oyanco, Santa Eulalia de Morcín e Villanueva.”…
Fonte: sociedadedainformacion.eu

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios