O pontés David Rochela, de novo titular coa selección española no Mundial de fútbol sub-17 de Korea

25

Hai escasos minutos que ven de rematar o 2º partido da liguiña de clasificación pras eliminatorias fináis do Mundial de Fútbol sub-17, que se está a celebrar en Korea, e no que o pontés David Rochela foi alineado por segunda vez consecutiva como xogador titular da selección española. que nesta ocasión se enfrontaba a Siria.


Rochela xogou o partido enteiro, acadando unha destacada actuación (incluso mandou un balón ao poste da portería contraria). España abríu o marcador por medio de Fran Mérida cun potente zurdazo dende o borde da área. A selección de Siria empatou o partido nun penalty inxusto pitado polo árbitro escocés. Os españóis lograron o desempate no minuto 91 de partido, tras unha excelente xogada de Fran Mérida, Bojan e Aquino (este último o autor do gol da victoria).
Con este triunfo, os pupilos de Santisteban clasifícanse directamente pra xoga-los oitavos de final e sitúanse como líderes provisionáis do grupo, no que tamén están Siria, Honduras e Arxentina.
O vindeiro sábado xogarase o 3º e último partido desta liguiña, no que a selección de Rochela se enfrontará con Arxentina, outro dos favoritos pra facerse có título final. Se queredes ver a este pontés xogar en directo, ide a Korea ou poñede La Sexta 🙂

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios