GP2X-F-200, a consola portátil libre xa ten unha nova versión

28

Lendo mancomun.org:
“GPH anunciou hai uns días o futuro lanzamento de GP2X F-200, unha revisión da súa consola portátil libre. A consola será totalmente compatible coa actual versión de GP2X , de modo que á súa saída, teremos dispoñible un amplo catálogo de aplicacións, xogos e emuladores listos para ser desfrutados, de maneira totalmente gratuíta.”…


…”A comunidade española desta consola atópase na seguinte ligazón: Gp32spain.
As novas características anunciadas son as seguintes:
* Color: Branco.
* Pantalla táctil. Renovouse a interface para a pantalla táctil.
* Leva un D-Pad con 8 direccións.
* Trae varios xogos incorporados: Blocked, GhostPix, Cavestory, Phishy, Ruck-Man, Sqdef.
* Multitarefa: Escoita música ao mesmo tempo que les e-books ou ves fotos.
* Pantalla LCD de 3.5 polgadas (30 frames) e cunha resolución de 320×240 e 16.700.000 cores.
* Tamaño: 134.6×82.9×29.6 mm
* Peso: 161 gr. (Sen batería)
* Batería: Dúas pilas AA. A súa duración con vídeo: 3,5 H e con música: 6 H.
* S/O: Linux
* Doble procesador: o principal ARM920T e o co-procesador ARM940T
* USB 2.0 de alta velocidade.
* Memoria NAND: 64 Mb.
* Almacenamento: Tarxeta SD.
* Vídeo: Formato – Avi / Codec – MPEG4, XVID, DIVX / Son soportado: MP3, OGG. Inclúe TV-Out
* Son: Canal – Estéreo / Soporta – MP3, OGG
* Fotos: Soporta – JPG, BMP, GIF, PCX, PNG.
* E-book: Soporta – TXT”…
Fonte: mancomun.org

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios