O As Pontes suma unha traballada victoria

51

[Diario de Ferrol] O As Pontes sumou a segunda victoria consecutiva neste arranque de liga a costa do Burela, nun partido que estivo máis complicado do que di o resultado final.


Os visitantes souperon pecharlle as bandas ós locais, e teceron unha tupida liña de contención no medio campo que impedía a circulación dos azuis. Así se desenvolveu unha primeira metade na que os locais tiñan o balón, pero non eran capaces de chegar ata a área rival. Aínda así, lograron adiantarse antes do descanso. Nada máis producirse a reanudación, o Burela acadou o empate, pero a verticalidade da escadra que dirixe Germán Amil propiciou dous novos tantos, de Manel y Pedro, que lle daban definitivamente a victoria os ponteses.

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios