Nota de prensa BNG: OS MÁIS DE 6 MILLÓNS DE EUROS PARA PENAPURREIRA SON OUTRA DEMOSTRACIÓN MÁIS DO COMPROMISO DA CONSELLARÍA DE INNOVACIÓN E INDUSTRIA CON AS PONTES.

37

Enviado por: Fco. da Silva Bello
O BNG local criticou en diferentes ocasións as insuficientes e discrimanatorias asinacións do anterior Plano da Minaría para Galiza e, nomeadamente, para As Pontes a quen, segundo os criterios establecidos polo propio Plano, lle corresponderían 133 millóns de euros para infraestructuras, dos que case que 100 millóns quedáronse noutras partes do Estado, feitos recoñecidos polo Ministerio de Industria.


Unha das moitas consecuencias negativas de tal situación foi o desenvolvemento do Parque Empresarial de Penapurreira, a única superficie industrial do Estado incluida no Plano, que non foi financiada na súa totalidade e que non se puido executar nunha soa vez, como ocurriu con outras (caso de Ponferrada, Puertollano,…).
Foi necesaria a intervención de dúas das Consellarías nacionalistas que aportaron 2’5 millóns de euros, preto do 30% pola Consellaría de Vivenda e Solo para completar a realización de traballos técnicos e compra de terreos, mentras que a de Innovación e Industria se fixo cargo, entre outras actuacións, da liña soterrada-aereo-soterrrada a 20 kv de dobre circuito con orixe na subestación de Mourela e final no Parque, necesaria para o seu funcionamento.
O anterior Equipo de Goberno nacionalista do Concello pontés tamén colaborou, en coordinación coas Consellarías, na procura de finanzamento externo para as obras da superficie industrial. A sinatura dun convenio cunha das empresas do Parque supuxo, entre outras aportacións, a realización de obras por un valor de 2’4 millóns de euros, o que facilitou a redistribución dos fondos existentes para executar actuacións non financiadas polo Plano da Minaría.
Con esta nova achega dos 6 millóns de euros, a Consellaría de Innovación e Industria colaborará con Xestur A Coruña para desenvolver obras pendentes como o soterramento de parte da línea interior de subministro eléctrico ou a execución dun depósito de regulación de auga, elemento que non existía, o que tiña ocasionado problemas na producción das empresadas xa instaladas; o depósito permitirá, tamén, mellorar o subministro de auga a Saa, e posibilitará a mellora en Espiñaredo. Este investimento tamén permitirá adquirir terreos de fincas remanentes para completar a superficie do Parque Empresarial xa adquirida por Xestur A Coruña, e que no seu día non quixo adquirir a CPTOPT.
Para o BNG das Pontes, o compromiso evidenciado pola Consellaría de Innovación e Industria co noso concello contrasta coa actuación do Ministerio de Industria respecto do novo Plano da Minaría. Dende que en xullo de 2006 se asinara o protocolo de colaboración entre o Ministerio de Industria e a Consellaría de Innovación, e que no mes de abril de 2007 se acordaran as actuacións a incluir no bienio 2006-2007, período case rematado, estase á espera de asinar os convenios por unha cuantía total de 23´505 M€, que deberá ser ampliamente superada no seguinte bienio. A Consellaría de Innovación e Industria ven de contemplar no seu borrador de orzamentos a súa contribución do 25% nos proxectos da súa competencia, e que executará a dotación de infraestructuras de gas a Penapurreira e Os Airíos (0´347 M€); para o resto dos proxectos necesítase o compromiso doutras Consellarías (Medio Ambiente e Política Territorial, Obras Públicas e Transportes), aínda por confirmar.

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios