ÚLTIMA HORA: DAVID ROCHELA, SUBCAMPIÓN DO MUNDO DE FÚTBOL COA SELECCIÓN ESPAÑOLA

28

David Rochela.jpg
Finalmente non puido ser, e a selección española de fútbol, na que milita o pontés David Rochela, tívose que conformar cun meritorio 2º posto no mundial de fútbol sub-17 que se ven disputando dende hai uns días en Korea.
España xogou un disputado partido contra Nixeria que se tivo que resolver na tanda de penaltis, logo de chegar ao final do tempo regulamentado e da prórroga cun resultado de 0-0.


Rochela, unha vez máis, xogou de titular todo o partido, acadando unha boa actuación e sendo un dos xogadores máis destacados da selección (é a miña opinión xD!), xunto con De Gea, Fran Mérida, Bojan e o outro galego, Iago Falqué.
Noraboa David!!!

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios