O As Pontes remontou tras unha acción un tanto polémica

34

[Diario de Ferrol] Só o As Pontes mantén a imbatibilidad coa que o equipo pontés e o Castro chegaron ó partido que onte os enfrontou no Poboado. Un penalti, que aparellou a expulsión dun futbolista visitante, foi a chave dun encontro que o equipo pontés remontou logo de que o conxunto visitante se adiantase no marcador, tras sorprender cun plantexamento moi valente desde o pitido inicial.


O Castro empezou o compromiso presionando moi arriba ó seu rival e afogando a saída do balón do As Pontes, o que lle permitiu tomar o mando no marcador na primeira parte e adiantarse no comezo da segunda. Pero pouco despois chegou a xogada decisivo, cando o colexiado decretou penalti por unha caída de Pedro e, ademais, expulsou a un xogador do Castro. Tras empatar, o As Pontes veuse arriba.

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios