O POS outorga 4.500.000 euros para os municipios da comarca

76

Diario de Ferrol. Os 21 municipios da comarca de Ferrol Eume e Ortegal recibirán 4.500.000 dos 23.200.000 euros de euros que a Deputación destinará ás inversións nos 94 concellos da provincia da Coruña a través do Plan de Obras e Servicios de 2008. O programa financiará obras de melloras públicas.


A Deputación da Coruña destinará un total de 23.200.000 euros para as inversións nos 94 concellos da provincia a través do Plan de Obras e Servicios (POS) de 2008. Este programa de cooperación fai que sexa posible que cada ano a Deputación da Coruña financie a execución de máis de 400 obras ou proxectos para mellorar a infraestructura pública do conxunto dos municipios coruñeses.
Recentemente, a Deputación da Coruña aprobou a distribución dos fondos do POS e a pasada semana Salvador Fernández Moreda, presidente da Deputación, remitiu unha circular ós concellos para solicitarlles unha enumeración detallada das obras que necesiten ser financiadas, dando de prazo ata o día primeiro do mes de decembro para que os concellos, en función das cantidades económicas xa asignadas, inclúan os proxectos ou obras correspondentes, que máis tarde serán aprobados polo pleno da Corporación provincial.
Aportacións > As aportacións económicas da Deputación da Coruña para os concellos da provincia están definidas por criterios completamente obxectivos, seguindo os parámetros que a continuación se detallan: 35%, poboación de cada concello destinatario; 35% superficie; 15%, correspondente ó número de parroquias do municipio; 5% con respecto ó esforzo fiscal; e finalmente estaría un 10% correspondente a cota fixa.

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios