O CD As Pontes visita o campo do Viveiro

56

Diario de Ferrol. O C. D. As Pontes ten hoxe unha difícil visita a Viveiro. Os ponteses precisan recuperar os puntos que deixaron escapar da casa na pasada xornada, diante dun rival moi complicado. Os da Mariña son un dos candidatos claros ó ascenso malia que non comezaron ben a liga. O partido comenza ás cinco.


Vista a urxencia de resultados para os celestes, e a calidade da sua plantiña, os ponteses vano ter complicado para traerse os puntos de Cantarrana.
Á tradicional rivalidade entre os dous conxuntos, súmase que no banco pontés sentará o que foi a pasada tempada adestrador dos vivarenses, Germán Amil, que se trouxo con el ó porteiro Javi.
De calquera xeito, Amil terá que ver este partido dende a grada, ó ter sido expulsado a semana pasada. Curiosamente o seu segundo, Momán, estará na mesma situación.
Canto ó plantel de xogadores, a cousa tamén vai estar bastante xusta pois son baixas para o choque Rivas, Fontao, Canosa, Paz, e Roca, polo que será preciso botar man de algún dos que ainda non están ó cen por cen, para completar a convocatoria.

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios