CONVOCATORIA DE CURSO DE LINGUA GALEGA – NIVEL CELGA 4

94

O Concello das Pontes, dende o DPTO. DE CULTURA convoca un curso de lingua galega de nivel Celga 4 (correspondente ao nivel perfeccionamento do antigo sistema de cursos de lingua galega), dirixido a persoas maiores de 18 anos. Este curso organízase en colaboración coa Secretaría Xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia.


Curso de lingua galega. Nivel Celga 4
– Inicio: 15 de outubro de 2007
– Días: de luns a xoves
– Horario: de 19.00 h a 21.30 h (pendente de concretar entre os alumnos e profesorado)
– N.º de horas: 75 horas lectivas
– Lugar: biblioteca municipal das Pontes
– Inscrición: até o xoves 11 de outubro, no Dpto. de cultura do Concello das Pontes (na Casa Dopeso), no teléfono 981 44 03 44 (en horario de 09.00 h a 14.00 h) ou no enderezo electrónico cultura@aspontes.org
– Prazas: mínimo 20; máximo 30
CANDO E ONDE SE VAI DESENVOLVER O CURSO?
O curso desenvolverase a partir do luns 15 de outubro, de luns a xoves, en horario de 19.00 h a 21.30 h. Vai ter lugar na Biblioteca Municipal (Praza de América s/n, AS Pontes). (O curso deberá rematar antes do 12 de decembro)
QUE HAI QUE FACER PARA INSCRIBIRSE?
A inscrición no curso, que é de balde, pode facerse até o xoves 11de outubro.
Para inscribirte podes:
Chamar ao teléfono de CULTURA: 981 44 03 44, de luns a venres, entre as 09.00 h e as14.00 h
Enviar un correo electrónico ao enderezo cultura@aspontes.org solicitando a inscrición e achegando: nome e apelidos, número de documento de identidade, data de nacemento, enderezo postal completo e número de teléfono
Dirixirte persoalmente ao Dpto. de Cultura (na Casa Dopeso), de luns a venres, entre as 09.00h e as 14.00 h
No curso poden participar un máximo de 30 persoas, e respectarase a orde de inscrición
QUE É O CELGA?
Celga (Certificado de lingua galega) é o novo sistema de certificación da lingua galega adaptado ao Marco europeo das linguas. O Celga divídese en cinco niveis. O curso que terá lugar nas Pontes é de nivel 4 (correspondente para efectos administrativos ao antigo curso de perfeccionamento).
A asistencia ao curso non dá dereito a obter o certificado, senón que é un curso preparatorio para un exame que terá lugar no mes de decembro. O certificado obtense mediante a superación dese exame.
ONDE PODO OBTER MÁIS INFORMACIÓN?
En persoa: no Dpto. de cultura. Casa Dopeso, Rúa Rosalía de Castro, nº 28 – 1º
Por teléfono: no 981 44 03 44
Por correo electrónico: cultura@aspontes.org

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios