A Xunta destinará 186.000 euros a promover a candidatura do .gal

59

[El Progreso] A Consellería de Innovación e Industria destinará un total de 186.000 euros a promover a candidatura do dominio .gal para as empresas, entidades ou persoas que se expresen en lingua galega ou fomenten a cultura do país.


Así o recollerá un convenio de colaboración que rubricarán o departamento que dirixe Fernando Blanco e a Asociación PuntoGal, e que será autorizado hoxe no Consello da Xunta. Así, en virtude deste acordo, a consellería sufragará as xestións precisas para que o ICANN (entidade que asigna os nomes e números na Rede) aprobe o dominio galego.
Deste modo, a contía achegada será empregada para custear a candidatura galega e para contratar os servizos de apoio técnico e de carácter administrativo para a candidatura. Ademais, editaranse os materiais promocionales necesarios.
Así mesmo, este convenio garantirá a presenza da Asociación PuntoGal nos eventos internacionais promovidos polo ICANN (encontros en Lisboa, San Juan de Puerto Rico ou Los Angeles, entre outros), e a contratación de stands no marco da campaña promocional do dominio galego.

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios