O As Pontes mídese ó Bergantiños na casa

99

Diario de Ferrol. O CD As Pontes xoga hoxe, a partir das 17.00 horas, no Poboado diante do Bergantiños.
Os ponteses terán diante un difícil contrincante para tentar reverter a racha negativa na que veñen de caer nas últimas xornadas. Logo de sumar tan só un punto dos últimos nove disputados, os locais precisan da victoria fronte a un equipo que entra en tódalas quinelas para o ascenso. Unha das razóns que se poden alegar para estes resultados adversos, é sen dúbida, a das baixas que sofre o As Pontes neste arranque da tempada.


Anque as cousas van mellorando, aínda faltarán homes moi importantes este domingo. Amil non vai poder contar con Paz, Rivas, Alberto, Marco Roca, Fontao, nin Fornos. E tampouco estarán Aguado, que aínda está a tramitar a súa ficha. O dianteiro foi repescado esta semana polo clube, logo de ter causado baixa, a petición propia, ó final da pasada liga.
De tódolos xeitos, o técnico do CD As Pontes non vai poder estar no banco o domingo. Germán Amil cumprirá diante do Bergantiños o seu segundo partido de sanción, anque no seu lugar si poderá estar o segundo, Momán, que cumpríu xa o encontro co que fora suspendido, logo do choque co Chantada.
Resaltar que nas filas do Bergantiños destaca o centrocampista Elmer, natural de As Pontes, e formado nas categorías de base do equipo pontés.

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios