VIII XORNADAS APÍCOLAS DO EUME

61

xornadas_apicolas_1.jpg


xornadas_apicolas_2.jpg
Día 1 de novembro
FEIRA DO MEL ARTESÁN E DE FUNGOS E COGUMELOS NAS PONTES.
Días 3, 4, de novembro. (Esta actividade ten prazas limitadas con inscrición previa)
VIII XORNADAS APÍCOLAS DO EUME
Curso e conferencia sobre “Os produtos da colmea, propiedades e elaboracións”.
Monitora.- Silvia Cañas Lloría, enxeñeira técnico agrícola e directora da revista Vida Apícola.
– Primeiro día pola mañá.
Mel, pole, xelea real, propoleos.
Composición e propiedades de cada un destes produtos, usos e indicacións.
Presentación no mercado.
– Primeiro día pola tarde.
Tipos de preparacións, resumo – explicación das materias primas.
Prácticas de preparación.
Tintura e extracto brando de propoleos, elixir e xarope, tónicos, xeles e champús de baño.
– Segundo día pola mañá.
Prácticas de preparación.
Ungüentos, protectores labiais.
– Segundo día pola tarde.
Prácticas de preparación.
Cremas ,máscaras, preguntas e conclusións.
Día 6,7 de novembro
– Obradoiros de cera e de mel, para escolares na Casa do Mel.
Extracción e envasado do mel.
Elaboración de candeas e flores con cera, distintas cores.
Proxección de vídeos apícolas
Programas informáticos nos que se dá a coñecer a vida da abella.
Proba do mel con outros produtos da comarca.
Concurso de carteis: “Pintando as abellas”
• Poderán participar todos os mozos que teñan cumpridos os 14 anos antes do 25 de setembro de 2007.
• Poderán participar todos os mozos menores de 14 anos.
• O motivo do cartel é anunciar as IX Xornadas apícolas do ano 2008.
• A técnica será libre, e o tema estará relacionado coa apicultura.
• Aparecerá obrigatoriamente no cartel o seguinte texto: IX xornadas apícolas.
• As medidas do cartel serán de 30 x 42 cms. como máximo.
• Só se poderá presentar un cartel por persoa, e deberá ser inédito e orixinal.
• O prazo de presentación dos carteis rematará o 26 de outubro de 2007 ás 12:00 h.
• Os carteis serán entregados ou enviados á Casa do mel – Goente s/n,
15325 As Pontes, A Coruña. (teléfono: 661003616 / casadomel@vodafone.es)
• O cartel deberá vir acompañado dun sobre pechado e coa seguinte información no seu interior: nome do autor, enderezo e teléfono de contacto.
• Establécense tres premios para comprar material escolar: un premio de (cento cincuenta euros) para o primeiro, un segundo de (cen euros) e un terceiro de (cincuenta euros).
• Os carteis premiados, quedarán en propiedade da Asociación Galega de Apicultura Del. Eume.
• O xurado estará composto por persoas debidamente cualificadas . Sendo o seu fallo inapelable. O xurado resérvase o dereito a declarar deserto o premio.
• A Asociación Galega de Apicultura, poderá utilizar a imaxe dos carteis gañadores noutras publicacións relacionadas ou non coas Xornadas apícolas, así mesmo os carteis que non resulten premiados poderán ser expostos na Casa Do Mel.
• A participación neste concurso implica a aceptación destas bases.
• Nota: os carteis non premiados, poderán ser retirados na Casa Do Mel durante o mes de decembro. Os carteis non retirados neste período quedarán en propiedade da Asociación Galega de Apicultura Del Eume.
xornadas_apicolas_3.jpg

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios