Teatro: SEXPEARE- ‘FOR SALE’ venres as 21:00 no Alovi

128

Para os que non coñezan SEXPEARE está é unha boa ocasión para achegarse a disfrutar do último espectáculo desta compañía de teatro ao Auditorio Cine Alovi. Dende a súa creación en 1995, pasou máis dunha década na que sexpeare colaborou con grandes compañías e co ministeriode cultura na feira anual Juvenalia.
 
teatro.jpg


Recibiron importantes premios de público e crítica e o que é mellor aun, non pararon de crear historias esperpénticas e persoaxes entrañables en 8 produccións cheas de gags e efectos visuais imposibles.
O vindeiro venres pasan por As Pontes antes de recalar no afamado Festival FIOT. Os actores de indudable talenrto interpretativo, representan FOR SALE coa súa particular forma de facer teatro saltando dunha historia a outra sen que o espectador poida facer outra cousa que rir e rir…
Un carniceiro namorado da sua longaniza,
un asasino en serie que peina seus crimes nun andamio cheo de gatos,
un pub onde se canta no intermedio dos partidos…..
Máis información en efeckto
PREZO: 3€
Descontos do 50% para carne xoven, maiores de 65 anos e carne de estudante ata 26 anos.
VENDA DE ENTRADAS:
Xoves de 11.30 a 13.30h e venres de 11.30 a 13.30h e apartir das 19.30h
PÚBLICO: xuvenil e adulto.

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios