A XVIII Feira de Fungos das Pontes recompensará a todos os participantes

52

Diario de Ferrol. A XVIII edición da Feira de Fungos e Cogomelos das Pontes, que terá lugar o vindeiro 1 de novembro no colexio Santa María, premiará economicamente a todos os participantes, segundo consta nas bases do certame que a organización vén de facer públicas. O encontro micolóxico establece que os concursantes deberán presentar exemplares dun mínimo de 10 especies distintas de cogomelos silvestres debidamente identificados e clasificados, e en tanto non recibiran ningún premio nas seis categorías, serán recompensados con 30 euros.


Os interesados terán que ser maiores de idade e só poderán presentar unha cesta. O reparto dos premios é de 300 euros para o primeiro clasificado, 180 para o segundo, 120 para o terceiro e 60 euros para o cuarto e quinto clasificados. Ademais, o xurado outorgará un premio especial, da mesma contía que o destinado ao campión, no que se valorará a presentación e os exemplares máis raros ou inusuais.
As inscricións poden realizarse no departamento de Cultura do Concello ou chamadno ao 981 44 03 44 se se fai ata o día anterior á feira, ou esa mesma xornada ata as 10.30 horas, aínda que, no caso de que o número de presentacións sexa superior ás prazas dispoñibles, a organización resérvase o dereito de incluír aos participantes por orde de inscrición.
Máis > O mesmo día e no mesmo lugar que a feira micolóxica terá lugar a Feira do Mel Artesán, un anticipo ás grandes xornadas apícolas que se celebrará os días 3, 4, 6 e 7 de novembro na Casa do Mel de Goente. Nelas haberá actos de todo tipo, desde conferencias -a que impartirá Silvia Cañas, directora da revista Vida Apícola- e actividades explicativas sobre as súas propiedades, aplicacións e formas de preparación, a obradoiros para escolares nos que se lles ensinará o proceso de elaboración.

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios