Círculo lítico do Bidueiral

145

bidueiral1.jpg


Lugar: O Bidueiral
Parroquia: O Freixo
Situación
Localízase a unhos 50 metros ao sur, do desvío que conduce á aldea do Bidueiral e a unhos 20 metros á esquerda da pista que leva ao Cabalar. Atópase emprazado nunha pequena planicie, ao carón dunha mámoa. Predomina no lugar a vexetación arbustiva, que cubre toda a estructura do anel.
Descrición
Ten unhos nove metros e medio de diámetro máximo e está formado por rochas e pedras de seixo e cuarcita, así como laxes de pizarra soterradas verticalmente na terra. Presenta ademais un par de aliñamentos paralelos de pizarra soterrados, a xeito de entrada ao círculo.
Singularidade
Segundo afirman algúns autores é o último círculo lítico que se conservaría en Galicia, logo da destrucción ao longo deste século, dos que se coñecían por escritos e descricións feitas, entre outros, por Maciñeira, Murguía e Villaamil Castro. Outros como Boga Moscoso e Rodríguez Sobral, aseguran que existen ainda hoxe noutras localidades outros exemplos destas formacións monumentais.
bidueiral2.jpg
bidueiral3.jpg
bidueiral4.jpg
bidueiral5.jpg
Maís información no email: plataforma@amigus.org

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios