MacOS X 10.5 ‘Leopard’ – Pon un novo Mac no teu Mac

71


Este venres Apple lanza o novo sistema operativo Mac OS X 10.5 “Leopard”, e como non queremos perdernos as novidades que trae, este sábado teremos un obradoiro para coñecer entre todos as máis de 300 novidades desta nova versión do X.
En colaboración con Play Store da Coruña, en Amigus organizamos este evento no Lar o sábado 27 dende as 17:00 ás 20:00. Se queres coñecer todas as novidades do MacOS X, resolver dúbidas para actualizar o teu Mac, ou simplemente ver de preto o novo Leopard funcionando… contamos contigo.
Ademáis sortearemos unha copia orixinal do Leopard, gracias a Play, e o disco “Zero” de Kill Bill G.
A asistencia é gratuita. Non faltes!


anucio_leopard.jpg

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios