Outra decepción para un As Pontes carente de eficacia arriba

117

[Diario de Ferrol] O As Pontes sumou unha nova decepción coa derrota na casa diante do Boiro e segue coa súa caída na táboa. Non pintaba mal o inicio cunha boa ocasión para os locais ós cinco minutos, que non soubo aproveitar un Pedro, que se fixo un lío á hora de resolver.


Os visitantes non tiveron ningún problema para manter a súa porta segura diante dun As Pontes inocente arriba. Tampouco quixeron correr ningún risco e asegurábanse a posesión con xogadas longas e mantendo ben as posicións por detrás do balón. Mesmo semellaban renunciar a meter balóns á punta e cababan por buscar a sorpresa co disparo dende a distancia como opción para rematar os seus ataques.
Cando o partido xa achegaba ó descanso, co marcador sen moitos visos de moverse, veu o 0-1. Foi nun fenomenal remate de Luis Tembra, que cun sutil tiro, batía por riba a Marcos.
Na segunda metade, empezou volcado o equipo de Germán Amil, pero o balón acababa sempre en pés dos visitantes, antes de que puideran producirse accións de remate. Nembargantes, a presión de Pedro surtíu efecto ós 58 minutos, cun balón que lle rouba ó meta do equipo da Barbanza, para facer o empate.
Semellaba que se puñan as cousas de cara para os da casa, con moito tempo aínda por diante, e o empate xa no electrónico. Seguiuno tentando o As Pontes, pero seguía carecendo de verticalidade nas súas accións. Mesmo levaba máis perigo o Boiro á contra, e Marcos evitou o gol de Manuel Ángel, que puido sentenciar ós 66 minutos.
Logo do perdón do Boiro, e co cada vez máis insistente dominio dos azuis, todo facía presaxiar que podía completarse a remontada. Faltoulle definición ós locais, que tiveron nun remate de Aguado a mellor oportunidade, e ó final mesmo viron como lles arrebataba os tres puntos un Boiro que marcou o segundo a falla de só tres minutos.
Foi nun remate moi forzado de Luis Tembra que Paz estivo a piques de sacar baixo os paos. Ó final o As Pontes non puido frear a caída que está a sufiri na táboa, e caeu nun partido no que volveu ser preocupante a escasa asistencia de afeccionados. No Poboado xuntáronse pouco máis de 70 espectadores.

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios