XVIII Feira de Fungos e Cogomelos

58


1 de Novembro
Concurso de Cestas de Fungos
Degustación popular
Feira de Mel
Mostra de Productos de Outono
Pasacalles
Exposición O Mundo da Micoloxía
3 de Novembro
Mostra folclórica Vila das Pontes


As Pontes, 1 xoves de novembro de 2007
Patio do Colexio Sta. María

De 9.00 a 10.30h Presentación de cestas ao Concurso de Fungos. As cestas estarán expostas ao público ao longo de toda a mañá no Patio do colexio Sta. María.
10.30 Apertura das Exposicións
VII FEIRA DO MEL ARTESÁN – Recinto da feira (organiza: AGA – Eurme)
PRODUCTOS ECOLÓXICOS E DE OUTONO Recinto da feira
– Concurso O MUNDO DA MICOLOXÍA na sala de exposicións Mercado Vello (Avd de Ferrol)
Actividades para nenos:
11.00 h Obradorios de mel e cera para nenos. Casetas AGA-Eume
11:30 e 12:00 Teatro infantil: “A cincenta” Grupo de Teatro O Catre. Escenario da Feira.
12.30 h Entrega de premios: concurso de fungos e o mundo da micoloxía
MENÚ DA DEGUSTACIÓN
– Empanada de pan de Boletus rechea de champiñón, Pleorotus e mexillóns da ría
– Fabas estofadas con Tricholoma portentosus, Shiitake, Lactarius delicious, bacallao e Ulva ríxida
– Ragout de xamón de porco con variado de cogomelos en salsa de Mencía
– Requeixo do Eume con marmelada de Cantharellus cibarius e froitos silvestres ao aroma de Marrasquino
Cociñeiros: Jesús Blanco Rey (experto en cociña de fungos) e Luis Tuñas Estévez (mestre de cociña)
(O menú servirase de 12.30 a 14.30h no recinto da feira)
Amenizarán a Banda de Gaitas Alfaia, grupo Estróupele, e a Escola Municipal de música tradicional das Pontes
Bases CONCURSO DE FUNGOS
1ª O Concurso de Fungos das Pontes organízase co desexo de fomentar a afección á micoloxía e ter un coñecemento máis exacto das especies micolóxicas da zona.
2ª Para concursar deberán presentarse exemplares dun mínimo de 10 especies distintas de cogomelos silvestres, que deberán estar identificados e clasificados. Os concursantes deberán ter cando menos 18 anos que acreditarán presentando o DNI. Cada perosa só poderá participar cunha cesta.
3ª O xurado estará formado por persoas entendidas na materia que valorarán a clasificación, estado e variedade das especies presentadas. Ademais no premio especial terase en conta a presentación e exemplares máis raros.
4ª As inscricións poderán realizarse no Dpto. de Cultura antes da feira (telf. 981 44 03 44 · cultura@aspontes.org), e o día da feira ata as 10.30h. Aínda que para a admisión de inscricións terase en conta a adaptación á infraestructura e xestión da feira, polo que no caso de que o número de participantes sexa superior ás prazas dispoñibles, a selección das cestas participantes farase por orde de inscrición.
5ª A presentación a concurso será dende as 9.00h ata as 10.30h, a partir desta hora, momento no que o xurado comezará a facer a valoración das cestas, non se admitirán máis participantes.
6ª Os concursantes deberán manter a súa exposición particular ata alomenos as 13.30h, procedendo seguidamente a retirar os exemplares. Dende o momento de presentación da cesta ata a total recollida da mesma o concursante será responsable do contido da mesma.
7ª O xurado reservase o dereito de declarar deserto algún dos premios e as súas decisións serán inapelables. A participación neste concurso implica a aceptación das bases.
Premios
300 € • 2º 180 € • 3º 120 € • 4º 60 € • 5º 60 €
Premio especial 300 €
Premio de 30 € a todos os participantes non premiados nas anteriores categorías

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios