O As Pontes tentará derrotar ó Dubra no Poboado

58

[Diario de Ferrol] O C. D. As Pontes cumpre a segunda xornada consecutiva como local, e tentará aproveitar a oportunidade para seguir recurtando as distancias cos de arriba.


Se o pasado domingo estivo perto de atragantárselle un dos modestos, coma o Ferreira, agora xoga contra outro equipo que tamén ten como obxectivo que o seu paso pola Preferente non sexa efímero, o Dubra. O rival de hoxe -o partido comeza ás catro e media- é un conxunto que leva dúas tempadas elevando o seu listón. Canto ó máis inmediato, ven de caer goleado na casa, cun 0-4, polo Laracha. De calquera xeito o seu perigo está precisamente a domicilio, xa que como visitante venceu xa en dous partidos e empatou noutros dous.
Para o choque desta tarde, Amil tan só recupera a Alberto, que cumpríu sanción. Segue sen poder contar con Rivas, que anque xa adestra co grupo, aínda non acadou o ritmo de competición, logo dunha prolongada ausencia. Tampouco van estar Canosa, Aguado, e Manel.

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios