O Fendetestas suma a súa segunda victoria

20

[Diario de Ferrol] O Fendetestas puido, á fin, recuperar xogadores, e isto foi determinante para que vencese en A Coruña ó Zalaeta por un contundente 3-38. Aínda que o partido non presentou atrancos para os das Pontes, a falla de continuidade no xogo deixou algunhas dúbidas nun conxunto que arrancou a liga dubitativo, asolado polas baixas. Na cidade herculina atopouse cun Zalaeta correoso, que se defendeu ben, e por riba logrou adiantarse cun golpe de castigo.


O control do partido foi sempre para os ponteses, que meteron ós locais na súa 22, aínda que logo acababan sempre por sair sen puntos. Tan só puideron acadar dous ensaios para irse ó descanso cun 3-14. A distancia non era definitiva, pero no campo si se facían patentes as diferencias, e conforme avanzaba o encontro, a insistencia co xogo dinámico de dianteira dos visitantes foi facendo mella no Zalaeta. Os ensaios foron caendo ata noutras catro ocasións, para pechar o tanteador no definitivo 3-38.
Pola súa parte, o Almallo volveu caer na casa ante o grupo dos Ingleses de Vilagarcía por un amplo resultado de 8-54. Os pontevedreses non deron case opcións ós ferroláns que, sen embargo, lograron subir puntos ó seu marcador. A terceira derrota consecutiva dos locais -medíronse ós tres primeiros clasificados- sitúa ó Almallo na quinta posición, xusto por detrás do Fendetestas.

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios