Co Software Libre sempre saes gañando

52

Lendo ousli.org:
“Esta nova vai referida a un caso de exito con Software Libre. Un caso de éxito pode ser unha implantacion dun sistema con Software Libre dando un servicio óptimo ou mesmo unha migración dende unha solución privativa a unha baseada con Software Libre.
Neste caso o “caso de éxito” refírese ao recoñecemento por parte dun tribunal dun concurso a un proxecto baseado en Software Libre (GestorXML) co primeiro premio no Concurso de Proxectos de finde carreira en Expourense, feito este por un membro de Ousli, Toni. “…
gestorxml.jpg


…”Un breve resumo do proxecto sería un gran almacen de documentos (de formato aberto) cun potente buscador. Para que se poida entender, é un google de documentos. As ventaxas do proxecto son moitísimas puidendo gardar ata milleiros de documentos obtendo respostas en décimas de segundo grazas á tecnoloxía XML.
Dende Ousli, damoslle a noraboa a Toni polo recoñecido e merecido premio. “…
Fonte: ousli.org

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios