Títeres, arqueoloxía, pintura e poesía na fin de semana das Pontes

62

[Diario de Ferrol] A actividade cultural nas Pontes comeza o venres coa representación de “Bolboreta”, a cargo de Títeres Trompicallo. Haberá unha función para escolares, no cine Alovi, ás once da mañá e para o resto do público, ás seis da tarde.


Ese mesmo día inaugurarase, ás doce, no soto da Casa Dopeso, a exposición “A memoria da terra”, unha aproximación arqueolóxica ó pasado de Galicia. Xa pola tarde, ás sete, abrirase no Mercado Vello a mostra, que se viu no Lar de Endesa, na que cinco pintores achegan a súa visión da mina das Pontes.
Como peche á xornada, haberá un recital poético do grupo Alalá, ás nove, na Casa Dopeso. É o quinto recital de outono que levan adiante. Os poetas deste colectivo estarán acompañados pola música de Xosé Manuel Campelo, profesor do Conservatorio, e polo actor Carlos Blanco.

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios