O regreso de Canosa deu a victoria ó equipo de As Pontes

137

[Diario de Ferrol] As Pontes e Vilalbés seguiron o guión dos derbis de rivalidade comarcal nun partido que ó final se decantou para os locais por 2-1. Foi un encontro moi trabado, con escasas ocasións, pero xogado con moita intensidade.


As cousas empezaron moi ben para os chairegos, cun gol de Omar aproveitando un erro local. Logo dun córner, un mal despexe propiciou que o balón quedara franco ós pés de Omar, que establecía o 0-1. Este gol espoleou a un equipo pontés que buscou o empate, e a piques estivo de acadlo nun disparo de Grueiro. Ós dous equipos lles custaba manter o balón no seu poder, diante da mútua presión á que se sometían. Daquela tivo que ser nun penalti de Pedro como chegou a igualada. Ó pouco de comezar a segunda metade decidiría unha xenialidade de Canosa. O dianterio, que apenas puido xogar esta tempada, moi castigado polas lesións, tivo unha feliz reaparición.

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios