Dous xogadores do C.D. As Pontes dan a victoria á Selección Galega Sub-18

69

Dous xogadores que militan actualmente no equipo de xuvenís do C.D. As Pontes, o pontés Dani Carballeira e o ferrolán Moyá, deronlle a victoria á Selección Galega de fútbol sub-18, no encontro que se disputou onte en Vigo fronte á A.F. Braga (Portugal).
sel_gal.JPG

Dani Carballeira e Moyá, respectivamente.


Crónica e fotos por Xosé A. Ferreiro.


2-0 gañou a Selección Galega sub-18 a A.F. Braga. O partido foi de 40 minutos cada tempo. No 20 marcou Carballeira que cruzou o balón ante a saída do porteiro e no 35 marcou Moyá, de cabeza, despois do saque de córner.
Da segunda metade, pouco que contar; saíron os sete cambios. Dani Carballeira xogou 50 minutos, atopándose moi só no campo, pero dando mostras da súa calidade. Moyá xogou incrible de central (no As Pontes xoga de medio centro, incluso por banda ás veces).
Dani_Carballeira_Radio_Voz.JPG
Houbo 1000 espectadores no campo Manuel Pujales de Bouzas, 500 ás 10:00h no sub-18, 1000 ás 12:00 no sub-16. Estes últimos gañaron 1-0 nun partido que durou 70 minutos, gol (creo) que de Marcos Torres (Sárdoma). Tamén destacar a presencia do internacional sub-16 Alex Pérez (Deportivo).

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios