Os lagos de As Pontes e Meirama, unha realidade oculta

129

Plataforma Galiza non se vende. Endesa tiña previsto comezar este mes o trasvase de auga do río Eume para encher o oco deixado pola mina que a empresa abríu para abastecer de lignito a central máis contaminante de España. A lei obriga a Endesa a restaurar o terreo que foi destruído pola acción da extracción do mineral, unha depredación que levou por diante unha extensión superior á da cidade d’A Coruña, e na que se asentaban ata 60 núcleos de poboación rural. Ademais o impacto ambiental foi tremendo xa que desapareceron cursos fluviais, o hábitat foi alterado e a paisaxe foi brutalmente modificada. Para acometer a restauración da zona afectada, a empresa optou polla solución máis económica e tamén máis lesiva dende o punto de vista medioambiental. En lugar de proceder a un recheo a base de sólidos, rexenerando o lugar con novos cultivos, Endesa, ávida de conseguir os maiores beneficios co mínimo gasto, decidíu apostar pola creación dun gran lago artificial a semellanza de outros creados na antiga Alemaña do leste. Este lago de 1150 hectáreas de superficie será abastecido polo caudal do río Eume, a arteria principal do único bosque atlántico da península, o Parque Natural das Fragas do Eume. Tanto a empresa como a Consellaría de Medio Ambiente insisten en que o caudal do Eume se manterá nos mínimos precisos para non alterar o equilibrio ecolóxico das fragas. A operación de trasavase non durará menos de catro anos e ao remate se disfrutará dunha praia artificial, unha illa ornitolóxica e un peirao para embarcacións deportivas, así como dun campo de golf.


Compre sinalar que, nunha demostración máis da política contradictoria que a Xunta leva en cuestións medioambientais, esta acaba de asignar un importante orzamento á restauración das zonas de captación de fontes e mananciais en parques naturais, tendo en conta a importancia que estes teñen para o hábitat e ecosistemas. Entre estes parques, como non, o das Fragas do Eume: “A esta primeira batería de actuacións, que se levarán a cabo pola vía de emerxencia para garantir a súa execución inmediata, se sumarán as que a Consellería de Medio Ambiente porá en marcha a medio prazo e que pretenden solucionar de xeito estrutural problemas de abastecemento en grandes núcleos de poboación de Galicia. Esta segunda parte do plan contra a seca está agora mesmo en fase de elaboración e serán presentadas a mediados do próximo mes de xaneiro.”
Porén, as consecuencias sobre o hábitat poden ser catastróficas. A Sociedade Galega de Historia Natural foi a primeira en alertar das posibeis consecuencias que este lago podería acarrear ao entorno no que se asentaría. Cuestionando a promesa empresarial de conservar un caudal adecuado para o río Eume, as repercusións que traerían sobre este río son innumerabeis. A posíbel filtración aos acuíferos que verten ao Eume podería contaminar este río que nutre a unha gran hábitat de calidade inconmensurábel como son as Fragas do Eume e aos bancos marisqueiros que se atopan na súa desembocadura na vila de Pontedeume. Tamén as augas que encherán o lago sufrirán unha maior acidificación o que ocasionará a desaparición de moitas especies de vertebrados, sen contar coa previsíbel toxicidade.
Estes efectos perversos da enchedura do oco da mina non foron tidos en conta no informe que Endesa presentou á Consellaría de Medio Ambiente, un informe parcial elaborado por Felipe Macías, catedrático de Edafoloxía da Universidade de Santiago. Este estudo sirve descaradamente os intereses empresariais da compañía enerxética e obvia os terribeis efectos dunha actuación que pretende ser única no territorio nacional, xunto Mina de Meiramacoa idéntica que Fenosa vai implantar en Meirama, lugar onde se atopa outro oco, doutra mina, doutra central que tamén se distingue polo seu alto índice contaminante. A SGHN, Verdegaia e Fusquenlla dirixiron recentemente un escrito ao Conselleiro de Medio Ambiente no que piden un informe independente sobre os efectos do enchido da mina de As Pontes. Estas entidades ecoloxistas exixen á Consellaría unha investigación obxectiva, realizada por técnicos cualificados e alleos ao entramado empresarial, co obxecto de dilucidar todos os posibeis efectos que poden acompañar a creación deste lago artificial. As detraccións de auga do río Eume causarían un grave prexuizo ambiental que sería irreversíbel, danando un enclave digno de atención e orgullo da comunidade científica como son as Fragas do Eume. Para agravar máis o problema temos a escaseza de auga que sofre o noso país nos últimos meses e que dificilmente vai ter unha solución rápida. Se ben é certo que ante esta posibilidade a Consellaría de Medio Ambiente desestimou iniciar o trasvase de auga este mes, tamén é certo que isto só representa unha moratoria que non garantiría unha solución racional ao problema.

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios