Continua aberto o prazo para participar no II Congreso de Educación Ambiental para os centros educativos coruñeses

55

Os traballos participantes terán unha axuda económica de ata 500 euros
Oleiros, 11 de xaneiro de 2008.- O próximo 31 de xaneiro remata o prazo de preinscrición para os centros educativos da provincia da Coruña que queiran participar no II Congreso de Educación Ambiental Espazos para conservar, defendamos o noso Patrimonio Natural. Este evento está organizado polo Centro de Extensión Univertaria e Divulgación Ambiental de Galicia (CEIDA) e patrocinado pola Deputación da Coruña.


Os centros educativos terán que presentar ao equipo técnico do CEIDA un proxecto que aborde aspectos relacionados coa conservación e posta en valor do Patrimonio Natural de Galicia. Os proxectos admitidos terán unha axuda económica de ata 500 euros para levar a cabo as actividades. Ademais, dende o CEIDA ofrécese asesoramento e apoio por parte do equipo de educación ambiental e proporcionarase a documentación que precise tanto o alumnado como o profesorado.
Os centros paticipantes farán unha exposición do seu proxecto desenvolvido nun congreso que terá lugar o vindeiro 29 de maio, co fin de que este encontro se convirta nun espazo de intercambio e un punto de encontro entre os alumnos.
Para máis información, os interesados deberán poñerse en contacto coa área de educación do CEIDA no teléfono 981 630 618 ou a través do mail educacion@ceida.org.

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios