O As Pontes busca un novo triunfo diante dos seus afeccionados

110

[Diario de Ferrol] O C. D. As Pontes empeza a segunda volta na Preferente, co que volve xogar como local. Enfronte terá hoxe ó Vizoño, o cadro co que comenzara a liga gañando a domicilio, aínda que por un axustado 0-1.


Ó final esta semana si se poderá concretar xa algunha alta importante na plantilla. Cando menos Amil contou xa con dezasete xogadores para poder facer a convocatoria. Volven ó equipo Suso, Aguado e Alonso, anque se suman dúas novas baixas, a de Grueiro, por sanción, e a de Dani por lesión.
Ás catro e media xogan cun Vizoño que é especialmente perigoso como visitante, pois das únicas catro victorias que suma, tres acadounas fóra da casa.
Os problemas do equipo coruñés veñen da súa escasa capacidade anotadora. Son o equipo menos realizador da liga, con tan só 13 goles acadados en toda a primeira volta.
Esperase unha boa entrada de afeccionados no Poboado.
Por outra banda, canto á marcha do canteirán Bonilla, ó final foise ó Perlío, coa condición de poder ser repescado se é precisa a súa volta.

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios