A Xunta insiste en que trasladará Ence antes do 2018

47

[A Nosa Terra] Ante as voces críticas do comité de empresal, o conselleiro de Medio Ambiente asegurou que as negociacións para trasladar Ence van ben.


Non hai ningún tipo de acordo ou compromiso escrito, pero o conselleiro de Medio Ambiente, Manuel Vázquez, amosouse convencido de que o acordo para o traslado de Ence da Ría de Pontevedra será unha realidade antes do 2018 (data na que finaliza a concesión actual).
Recoñeceu a complexidade do proxecto, pero rexeitou as críticas recibidas dende formacións sindicais (o comité sinalou que non existían conversas) e sociais sobre a falta de avances neste senso. “O comité de empresa contará o que lle diga a empresa, pero outros non imos contar o que nos di a empresa para non provocar complicacións nin armar diversidade de opinións”, matizou.
Neste sentido, o titular do departamento de Medio Ambiente recalcou en que é “un segredo a voces” que, na actualidade, existe unha “negociación” e destacou a “vontade política indiscutible” do Goberno galego de que Ence “ten que abandonar” a Ría de Pontevedra. “Empézanse a dar as circunstancias para que todos poidamos conseguir ese obxectivo”, aseverou.
Proceso complexo
Novas ubicacións, estudos de custes, alternativas socioeconómicas… Son moitos os factores que están enriba da mesa, segundo comentou o conselleiro.
Dende a Vicepresidencia da Xunta, o nacionalista Anxo Quintana aludiu á necesidade de que se cumpra o compromiso do acordo do goberno de trasladas Ence da ría de Pontevedra. Tamén afirmou que Galiza non pode renunciar á industria papeleira.

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios