Hoxe lembramos unha data moi especial para o pobo de As Pontes.

37

Fai xa 10 anos que a Universidade da Coruña decidira trasladar definitivamente a Escola Técnica Superior de Enxeñería Industrial sita en Ferrol a localidade de As Pontes, unha circunstancia inicialmente cuestionada e por suposto criticada. Pero, grazas o sentido común e ó forte apoio popular, tanto dende instancias políticas coma dende o sector universitario, hoxe en día As Pontes conta coa mellor Escola Técnica de Enxenería Industrial de toda España. Nestes últimos anos poidemos ver como saian de esta escola os profesionais mellor formados no eido industrial, con especial relevancia no sector enerxético.
Quen lle diría a este pobo que unha forte industrialización desembocaría nunha diversificación económica envidiábel en toda España, que abrangue dende a educación a nivel universitario, pasando por todo o sector servicios que a universidade e os cidadans precisan, ata un sector turístico en constante evolución ligado intimamente a vitalidade que As Pontes desperta nos últimos anos.
Grazas a todos os cidadans, a todalas forzas políticas e os diferentes poderes públicos,
GRAZAS POR CREER NO CRECEMENTO SOSTIBEL!
aspontes2017.jpg
Artigo enviado por Andrés

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios