O Fendetestas pontés mídese ó conxunto líder e imbatido, o Lalín

108

[Diario de Ferrol] O Fendetestas recibe mañá ó líder da Primeira Autonómica, o C. R. Lalín. Difícil papeleta para os ponteses diante dun rival que ata o de agora conta por victorias tódolos seus partidos. Mesmo na pasada xornada derrotou ó segundo, Vilagarcía, acadando o bonus que se outorga por facer catro ensaios, circunstancia que se deu en tódolos seus partidos, e que lle permite manter unha insalvable distancia de 14 puntos co seu máis inmediato perseguidor.


Xa na ida, o Fendetestas caera en terras do Deza por un contundente 55-8, se ben daquela estaba en plena praga de lesións e tan só puidera xuntar ós xustos naquela xornada.
Agora as cousas marchan mellor, e aínda que se suman tres novas baixas, as de Barbas, Txou, e Kike, á xa coñecida de Sergio, séguese na liña de recuperación de efectivos. Para mañá estarán xa Pablo, Rafa, ou dous “pesos pesados” como Moeche e Toño.
O encontro vai principiar ás catro da tarde no campo de Monte Medulio, e de sorprender ó líder, o quince pontés accedería á terceira praza.
Almallo > Neste fin de semana o Fendetestas de As Pontes será o único equipo da comarca que participe na competición de Primeira Autonómica posto que o coxunto departamental do Almallo gozará da súa xornada de descanso.

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios