O NOSO PATRIMONIO (Antroido 2008)

52

Según comentaba algún por aquí
A historia de As Pontes, xa vai en Madrí
Xa vai en Madrí, xa vi en Madrí
Según comentaba algún por aquí
Un vaso campaniforme,
Na Vilabella aparceu;
Coidaronno en Santiago
E xa desapareceu
RETROUSO
Só se conserva a Ara,
Que había na Vidueda;
¿Qué será de todo aquilo,
Que habia onde estaba ela?
RETROUSO
As Pontes tiña un castelo,
Que estaba preto do río;
Foronlle quitando pedras,
Pa algún que outro caserio.
RETROUSO
Tamén había en Illade,
Unha fermosa capela;
Que tiña varias imaxes,
Que se esfumaron con ela.
RETROUSO
No círculo da Mourela,
Furaron moito a destaxo;
Pero nadie sabe aínda,
O que se atopou debaixo.
RETROUSO
O de antes e o progreso,
Non fixeron matrimonio;
Por iso o pobo de As Pontes,
Foi perdendo Patrimonio.

Música: Vivir na Coruña
Letra: Os Tunantes Folklóricos (Asociación de Veciños A Choupana)

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios