O Museu de Prehistòria de Valencia, exhibe unha exposición itinerante sobre o papel da muller na Prehistoria

55

A exposición que leva por título As Mulleres na Prehistoria, atópase ubicada no edificio da Facultade de Humanidades do Campus de Esteiro en Ferrol e permanecerá aberta en horario lectivo ate o 27 de febreiro.
mujer_prehistoria.jpg


A mostra presenta como as mulleres e os homes do noso pasado máis lonxano formaron grupos de persoas que se uniron para obter mellor calidade de vida, que compartiron esforzos e recursos para sobrevivir: mulleres, homes, adolescentes, maiores, nenos e nenas que deixaron a testemuña da súa existencia no chan que poboaron.
O papel da muller
Dende o século XIX, a investigación desenrolada en Europa sobre a Prehistoria leva proporcionado un coñecemento exhaustivo dos modos de vida das sociedades do pasado, nembargantes, é doado comprobar como a presenza da muller na maior parte dos textos e das imaxes de exposicións divulgativas é case nula, aparecendo só o “home prehistórico”. A razón aducida para explicar este feito é que os restos arqueolóxicos non permiten asignar con exactitude as actividades a un ou outro sexo e por isto emprégase o neutro, masculino. E así, as mulleres van quedando relegadas a un segundo plano, inmóbeis e invisíbeis.
mujer_prehistoria1.jpg
Estructura da exposición
Encadrada entre as primeiras sociedades cazadoras-recolleteiras-peixeiras e a Idade do Bronce, esta exposición achéganos a determinados aspectos da vida diaria, dándolles ás mulleres o protagonismo que sen dúbida tiveron.
Divídese en seis bloques temáticos incluindo unha presentación e unha síntese final.
Cazar, recolleitar, sobrevivir:
Sitúanos no paleolítico. É unha reflexión sobre a importancia das diferentes actividades económicas para sobrevivir e o papel relevante da muller.
Espazos domésticos, espazos de mulleres:
Ambiente neolítico. A importancia das actividades de mantemento: preparación e conservación dos alimentos, a indumentaria, o mantemento do lume e o espazo habitado.
A imaxe da muller:
As figuras femeninas do paleolítico, do neolítico e do arte rupestre levantino amósannos facianas e siluetas de mulleres.
Reprodución e socialización:
As mulleres son indispensábeis para a supervivencia do grupo, o coidado, o mantemento e a transmisión de valores e coñecementos.
Mulleres soterradas:
Interpretación dos restos de mulleres atopados en escavacións arqueolóxicas.
Mulleres de hoxe, sociedades do pasado:
Unha análise das sociedades prehistóricas a través da investigación antropolóxica e a etnoarqueoloxía.
Cada módulo compleméntase con réplicas arqueolóxicas e obxectos, relacionados co tema. Incorpora ademais un audiovisual, que fai un breve percorrido dende a orixe da humanidade ate a Idade do Bronce. Pon de manifesto a importancia do papel da muller ao longo da Prehistoria.
Organiza: Museu de Prehistòria de València
Produción: Servicio de Investigación Prehistórica. Unitat de Difusiò, Didàctica i Exposicions
Colabora: Consellería de Bienestar Social de la Generalitat Valenciana
Dirección General de la Mujer
Universidade da Coruña UDC
Bancaja
Máis info:
Museu de Prehistòria de Valencia
Unitat de Difusiò, Didàctica i Exposicions
itinerants.maletes@dva.gva.es

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios